spacer
Susana García inaugura o curso sobre gravación de datos, dirixido a persoas desempregadas 

A concelleira de Traballo, Susana García, deu onte a benvida aos alumnos e alumnas matriculados no curso de informática básica sobre gravación e dixitalización de documentos e datos. Unha iniciativa formativa orientada a persoas desempregadas e desenvolvida conxuntamente polo Concello de Ordes e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, da cal se benefician un total de quince persoas. 

   En total serán 458 horas que se desenvolverán na aula de informática da Casa da Cultura, e que darán pé a conseguir a certificación profesional correspondente ao nivel 1 tras superar as probas finais e o período de prácticas en empresas. A formación validará para traballar como operadores e gravadores de datos en ordenador, auxiliar de oficina, auxiliar de arquivo, operadores documentais e auxiliar de dixitalización. 

Susana García inaugura o curso sobre gravación de datos, dirixido a persoas desempregadas 

Ademais deste curso Ordes conta con outras dúas accións formativas para persoas desempregadas. Concretamente de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións, e de xestión integrada de recursos humanos.