O Concello de Ordes desenvolveu no día de hoxe un campamento de conciliación no que nenos e nenas de 3 a 12 anos desfrutaron dunha xornada lúdico-educativa. Nela non faltaron actividades musicais, traballos manuais, xogos e saídas ao parque. Con esta iniciativa o Concello quere facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nesta ponte do Pilar.
 

Campamento de conciliación na ponte do Pilar