O Museo do Traxe Juanjo Liñares ve medrar a ampla colección que alberga. Todo grazas á última doazón recibida e efectuada polo rexedor terceiro de Veracruz, Ángel Maldonado. Dende este municipio mexicano, irmandado con Ordes dende a pasada semana, chegaron unha “jarocha” de muller e unha “guayabera” masculina con pano. O alcalde e o secretario dos socialistas de Ordes entregaron hai escasos días cadansúas pezas ao director do museo, Manuel Viqueira.

Traxes típicos de Veracruz para o Museo do Traxe