A expo "Alas" poderase visitar ata o vindeiro día 29 no Museo do Traxe
O auditorio do Museo do Traxe abriu as súas portas para que veciños, veciñas e visitantes poidan desfrutar xa da exposición fotográfica Alas. Realizadas polo recoñecido fotógrafo de natureza Luis Ogando Gayo, a mostra recolle docenas de imaxes de distintas especies realizadas ao aire libre en diferentes localizacións. O calendario de visitas concluirá o vindeiro 29 de outubro, aínda que cabe salientar que o día 27 o autor ofrecerá neste mesmo espazo unha charla temática ás 20.30 horas.
Entre os que non se quixeron perder este primeiro día de mostra destacaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os edís de Cultura, Comercio e Deportes. Tamén estivo Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe, así como Rafael Regos Martínez, organizador do XVI Campionato de Cetrería, o cal terá lugar no mesón do Vento os vindeiros días 27, 28 e 29 deste mes