A iniciativa, de carácter gratuíto, quere achegar a formación universitaria ás persoas de 50 anos en adiante residentes no ámbito rural.

As persoas interesadas en participar no programa formativo Camiños de coñecemento e experiencia aínda teñen aberto o prazo de inscrición. Trátase dunha iniciativa gratuíta dirixida especialmente ás persoas a partir de 50 anos, levada a cabo pola Universidade de Santiago en colaboración coa Xunta de Galicia, as deputacións da Coruña e Pontevedra, e os concellos próximos de Ordes, A Estrada, Arzúa, Negreira, Noia, Ribeira e Vedra. Con isto preténdese achegar o coñecemento e a formación universitaria aos habitantes do eido rural.
     No caso de Ordes as clases desenvolveranse en horario de tarde nos baixos da alameda dende o 19 ata o 27 de outubro. O programa inclúe tres obradoiros que versarán sobre a historia da cultura de Galicia vinculada ao patrimonio da comarca, outro sobre a historia da música clásica en Occidente, e un terceiro centrado no cambio climático e a sociedade. Ademais da parte teórica tamén cómpre sinalar as visitas guiadas que se realizarán a SOGAMA e ao dolmen de Cabaleiros. Tamén está prevista a asistencia a un concerto da Real Filharmónica de Galicia no auditorio de Galicia. 
 

Mantense aberta a inscrición para participar no programa Camiños de coñecemento e experiencia