Ante a escaseza de precipitacións rexistradas na provincia de A Coruña nestes últimos meses que están a provocar que os caudais circulantes polos ríos sexan moi inferiores aos normais nesta época do ano, é preciso que os veciños e veciñas de Ordes tomen conciencia de que a auga é un ben escaso que hai que economizar. 
En consecuencia fago un chamamento a toda a veciñanza para que faga un uso racional dos recursos hídricos dispoñibles no noso municipio, así como que extremen as medidas de aforro (tanto nos fogares, nas empresas e industrias, como nos usos agrícolas e gandeiros) para lograr un consumo responsable e eficiente, conseguindo así un aforro de auga que tanto necesitamos, evitando que no futuro sexa necesario establecer restricións no subministro. 

Ordes, 5 de outubro de 2017.
O alcalde en funcións.