A filóloga Iria Pedreira Sanjurjo encheu o auditorio do Museo do Traxe na presentación de Caracteres, obra do autor clásico Teofastro e traducido por ela. Natural de Ordes, Iria Pedreira mostrouse agradecida e abraiada polo momento, e “pola boa acollida deste acto que se celebra en Ordes, o que para min é moi importante”, asegurou. Moisés Barcia (Rinoceronte Editora), Raúl Gómez Pato (director da colección Vétera) e Cristina Collazo, quen levou a cabo a lectura dramatizada de distintos fragmentos, foron outros dos asistentes.

Iria Pedreira presenta no Museo do Traxe a obra Caracteres