O club Boudsport de Ordes desprazouse recentemente a terras mañas para disputar a segunda proba do ránking galego de taekwondo. Na dita proba, e cun equipo de 22 competidores e competidoras, os ordenses acadaron 15 metais, ademais de ser quen de meterse en 13 finais e gañar 8 delas.

     Quen regresaron á casa co ouro foron: Álvaro Regueiro, Mateo Boudjenane, Manuel Castro, Carla Diéguez, Abril Viqueira, Ainara Loureiro, Uxía Castro, Diego Raña. Pola súa banda as pratas acabaron nas mans de Pablo Liñares, Daniel Mosquera, Sara Soneira, Álex Rey e Alba Rosende. Por último Sara Gacio e Claudia Diéguez obtiveron cadansúa medalla de bronce.

Grande actuación do Boudsport en terras mañas