Ao longo desta mañá na alameda de Ordes instalouse unha mesa informativa sobre a saúde mental, na cal participaron membros de Andaina Pro Saúde Mental e FEAFES. Unha iniciativa que se engloba dentro das actividades organizadas co gallo do Día Internacional da Saúde Mental que terá lugar o vindeiro 10 de outubro. A saúde mental no lugar de traballo foi o tema elixido a nivel mundial para este ano, no que se conmemora o XXV aniversario. Ademais da recollida de folletos veciños e veciñas puideron achegar as súas ideas ao respecto. Falar no traballo, traballar en equipo con respecto e comunicación, adaptar os traballos ás persoas, reducir a presión social, non sobrecargar ou non aproveitarse da boa predisposición foron algunhas das recomendacións.

Campaña sobre a saúde mental no traballo