As empresas interesadas teñen de prazo para presentar as súas solicitudes ata o 15 de novembro. O contrato ascende a algo máis de 5 millóns de euros
O Boletín Oficial da Provincia de hoxe xoves, 5 de outubro, publica a convocatoria do anuncio para a contratación do servizo de axuda a  domicilio de cara ao vindeiro ano 2018. Un acordo adoptado recentemente en sesión plenaria extraordinaria por parte dos representantes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

     O dito servizo empezará a realizarse a partir do vindeiro 1 de xaneiro no  ámbito territorial dos municipios de Ordes e Frades. O número de horas estipuladas ao ano é de 3.600 para os casos de libre concorrencia e de 38.865 para as persoas dependentes. O contrato terá unha duración de catro anos prorrogable ata os 6, cun valor estimado de 5.058.000 €. Neste caso o orzamento base da licitación establécese sobre os 14 € (sen IVE Incluído) por hora de servizo. As entidades licitadoras deberán acreditar  ademais da habilitación empresarial e as solvencias económica, financeira, técnica e profesional esixida nas cláusulas, que están debidamente autorizadas para desenvolver o servizo de axuda no fogar.
     O prazo máximo para a presentación de documentación chega ata o 15 de novembro. Para calquera información pódese solicitar tanto nas oficinas situadas na rúa Xoxardo en Ordes, como a través do teléfono 981680002. Tamén se pode consultar o perfil do contratante na páxina web www.mancomunidadeordes.gal.

A Mancomunidade licita a contratación do seu servizo  de axuda a domicilio para os concellos de Ordes e Frades