CORTE DE TRÁFICO NA RÚA NOVA
Por mor das obras de mellora que se realizarán na rúa Nova, no casco urbano de Ordes, a partir deste luns, 25 de setembro, cortarase a circulación ao tráfico rodado. Dito corte levarase a cabo no tramo que vai dende a rúa Rosalía de Castro á rúa Galicia a partir das 8 horas. Está previsto que a duración destas obras sexan de 20 días hábiles. Durante todo este intervalo de tempo tamén estará prohibido estacionar. Os residentes da zona poderán acceder cos seus vehículos aos seus garaxes.