Recepción a David Santos e á S.D. Santa Cruz de Montaos
Este vindeiro sábado, 23 de setembro, o Concello de Ordes ofrecerá ás 12 horas no salón de plenos do antigo consistorio unha recepción de honor ao atleta local David Santos. Deste xeito quérese recoñecer o mérito deportivo deste corredor que ao longo dos últimos anos leva acadando un exitoso palmarés a nivel nacional, autonómico, provincial e local.
Posteriormente, ás 13 horas, tamén se recibirá aos integrantes, cadro técnico e membros directivos da S.D. Santa Cruz de Montaos, equipo ascendido á segunda rexional tras acadar a máxima puntuación na tempada anterior dentro do seu grupo.
En ambas as citas participarán o alcalde de Ordes e a edil de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, así como outros membros do Goberno local como José Manuel Mira.
David Santos gañador da XXII Carreira Popular de Ordes