Ademais da asociación folclórica ordense tamén participarán os grupos Santaia, Folke Ruada e Somos Nós. A entrada será de balde. 

O vindeiro domingo, 17 de setembro, ás 19 horas no auditorio da Casa da Cultura, terá lugar o tradicional encontro folclórico de Sementes da Arte. Nesta ocasión a dita asociación contará coa participación dos seguintes grupos: Santaia (Santa Cruz, Oleiros), Folke Ruada (A Silva, Cerceda) e Somos Nós (Ordes). 
Todos eles subirán ao escenario para ofrecer un grande espectáculo de baile e música tradicional en directo. A entrada será de balde para todas as persoas que queiran asistir. 
Unha vez máis o Concello de Ordes colabora na organización desta cita.

Encontro folclórico Sementes da Arte, este domingo na Casa da Cultura