Haberá que solicitar cita previa a través do teléfono 981 680 002

O equipo móbil de renovación do DNI da Policía Nacional estará prestando o seu servizo en Ordes a finais do vindeiro mes, habendo prazas libres para os días 26, 27, 30 e 31 de outubro. Como vén sendo habitual atenderán ao público en horario de mañá na Casa da Cultura. Todas e todos aqueles que queiran expedir por primeira vez ou renovar o seu documento nacional de identidade deberán solicitar unha cita previa no mesmo Concello ou ben chamando ao teléfono 981 680 002.
 

O equipo móbil de renovación do DNI estará en Ordes a finais de outubro