O Concello de Ordes destina 18.000 € para as axudas de material escolar 

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 2 de outubro. Poderase beneficiar o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria

Ata o vindeiro 2 de outubro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo para solicitar as axudas para material escolar. Unha convocatoria feita pública no BOP de hoxe martes, 12 de setembro de 2017, onde se da conta das bases reguladoras da dita subvención. En total a administración local destina 18.000 euros para as familias máis necesitadas que estean empadroadas e residan no municipio. Tamén é requisito indispensable que o alumnado estea escolarizado no municipio nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos.

     As solicitudes deberán entregarse no departamento de Educación, situado no primeiro andar do edificio consistorial. Para calquera consulta pódese chamar ao  981680002 (ext. 4).

ENLACE AO BOP