O auditorio da Casa da Cultura de Ordes foi punto de parada para Isabel Risco e Fran Rei, actores protagonistas da obra teatral Dous no Camiño. Está dirixida por Avelino González e parte dun texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala. Esta cita englóbase dentro do programa Vive o Camiño, desenvolvido pola Xunta de Galicia nos Concellos do Camiño Inglés e do Camiño de Fisterra-Muxía. Como entidade colaboradora nesta ocasión participou o Concello de Ordes. 

Dous no Camiño fai parada en Ordes