Ata o vindeiro venres, 15 de setembro, permanecerá aberta a inscrición para o novo curso na Escola Municipal de Música, o cal dará comezo a partir do 2 de outubro.
O plan este ano estrutúrase en catro cursos de formación para, unha vez concluídos, acceder ao nivel de perfeccionamento, con posibilidade de preparación do acceso ao grao profesional do conservatorio. Música e movemento, linguaxe musical, coro, Combo Rock, banda xuvenil de ventos e percusión e Big Band. Como especialidades manteranse as clases de guitarra, piano, trompeta, trombón, tuba, trompa, bombardino, clarinete, saxofón e frauta.

Aberta a inscrición para a Escola Municipal de Música