Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades culturais e deportivas organizadas polo Concello de Ordes

Este ano os 'Sendeiros da cultura e do deporte' inclúe actividades como Pilates, ioga, cociña, informática, zumba, debuxo e pintura, traballos manuais, alemán, ximnasia para maiores, hipopresivos, teatro etc
Dende hoxe a ata o cindeiro 21 de setembro permanecerá aberto o prazo para inscribirse nos 'Sendeiros da cultura e do deporte'. Trátase dun amplo programa levado a cabo polo Concello de Ordes, o cal vai dirixido tanto a xente adulta como a menores. 
  De outubro a xuño impartiranse as seguintes actividades: Pilates, ioga, ioga terapéutico, zumba, ximnasia para maiores, ximnasia con material (fitball, picas, pesas de man...), hipopresivos, ballet, debuxo e pintura (adultos e nenos), teatro (a partir 12 anos), iniciación ao alemán (nenos) e alemán nivel I e II (adultos). Como novidade inclúese o curso para reducir, reutilizar e creas, a través do cal aprenderase a fabricar produtos de limpeza, elaborar colonias e crear elementos decorativos con material de refugallo. 
No caso da oferta trimestral e mensual inclúese: informática (distintos niveis), deseño gráfico, cociña (de 3 a 9 anos), iniciación á pastelería (de 6 a 10 anos) e un curso para renovar o ropeiro.
     As clases desenvolveranse tanto durante os días laborais en horario de tarde como os sábados durante a mañá. No caso das persoas adultas estipúlase un horario que permitirá compatibilizalo coa súa actividade laboral. As familias numerosas, as persoas maiores de 65 anos e aquelas que teñan unha discapacidade recoñecida igual ou maior ao 33% poderán beneficiarse de descontos especiais.
     Para reservar praza deberase entregar no Departamento de Cultura ou Deporte a folla de inscrición debidamente cuberta, a cal se pode solicitar no mesmo Concello ou ben descargala na páxina web municipal (www.ordes.gal), ademais dunha fotocopia do DNI. As listaxes de persoas admitidas faranse públicas no taboleiro do dito departamento, situado no primeiro andar do Concello, o próximo día 26 de setembro. 
    Cabe ter en conta que no caso de querer darse de baixa dalgunha das actividades é imprescindible facelo por escrito e con rexistro de entrada antes do día 20 do mes no que se solicita. Para calquera aclaración ou consulta pódese chamar ao 981680002 (ext. 4 e 5).

'Sendeiros da cultura e do deporte', aberto prazo de inscrición