Entregaranse de balde 20 destes elementos entre veciños e veciñas que teñan vivenda unifamiliar con xardín ou finca
Dende mañá e ata o vindeiro martes, 19 de setembro, poderán solicitarse os novos composteiros domésticos no Concello de Ordes. En total repartiranse 20 novos elementos deste tipo con capacidade de 350 litros. Estes van destinados a  particulares con vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín.
     Deste xeito quérese así reducir a produción de residuos en orixe e maximizar o aproveitamento da materia orgánica a través da súa conversión en compost. Unha medida que tamén contribúe a diminuír a frecuencia de recollida e transporte do lixo o que se traduce nunha baixada do  importe da factura a pagar a Sogama, sen esquecerse tampouco da conseguinte redución de emisións de CO2.  
     Con esta nova partida de recipientes son xa 150 os que SOGAMA leva subministrados polo municipio ordense.
     Sogama ten á disposición da cidadanía a páxina web www.compostaconsogama.gal, na que se facilita toda a información para garantir o correcto desenvolvemento da técnica. Inclúe vídeos divulgativos, xogos en liña para escolares e incluso un titorial sobre como fabricar composteiros a partir de diversos materiais reutilizados.
 

Ata o vindeiro martes xa se poden solicitar os novos composteiros no Concello de Ordes