O Concello de Ordes celebrou esta tarde a súa XXII Carreira Popular, na que o ordense David Santos e Paula Mayobre (Ares) proclamáronse vencedores na proba absoluta. Na categoría masculina o podio completárono Amador Pena e Alberto Carou, mentres que na femenida o segundo e terceiro lugar foron para Rocío Alvite e Esther Pedrosa.
E total inscribíronse 250 atletas de todas as idades, os cales déron o mellor de si para acadar as mellores posición nos distintos circuítos, os cales ían dende os 500 ata os 9.500 metros.
O alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira foron os encargados de facer a entrega de premios, na que ademais dos trofeos tamén houbo premios en metálico de 150, 100, 80 e 50 € para os tres primeiros. Especialmente emotivo foi o momento en que Lina Fuentes e Manuel Raña, pais do campión mundial Iván Raña, subiron ao escenario para recibir o seu recoñecemento como os atletas de maior idade.
Novamente o Concello de Ordes contou coa colaboración de importantes firmas comerciais da zona para o desenvolvemento desta cita. Entre elas destacan Infantilandia, Cola Cao, Carnicería Enrique, Seguros Reale, asesoría Jaime Castro, Pazo Bidueiro, Feiraco, Eroski, Nocilla e froitería A Nova.

O ordense David Santos e Paula Mayobre (Ares) proclamáronse vencedores na XXII Carreira Popular