Xa na recta final de tempada e a piques de cerrar as súas portas o Concello de Ordes preparou unha fin de semana do máis especial na piscina do Muíño. Grandes inchables ocuparon parte do vaso principal, co fin de que todas e todos os que quixeran puideran divertirse pegando brincos, deslizándose polos tobogáns e dándose un bo baño. Para que ninguén se perdera a oportunidade de participar nesta festa de clausura a xornada de hoxe foi de portas abertas, algo que se volverá a repetir mañá domingo, día no que estas instalacións pecharán definitivamente ata o vindeiro verán. 

Festa de clausura na piscina do Muíño