O corpo de Protección Civil dos concellos de Ordes e Frades vén de incrementar o seu equipamento de emerxencias cun todoterreo pick up. O novo vehículo é unha dotación de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, outorgado en base ás liñas de subvencións cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Deste xeito a agrupación de concellos formada por Ordes e Frades ve incrementada, e notablemente mellorada, a súa capacidade de reposta ante situacións de riscos específicos provocados por catóstrofes ou situacións adversas.

Novo vehículo para Protección Civil de Ordes e Frades