Luar na Lubre, punto e final para as festas de Ordes
O concerto de Luar na Lubre e a actuación da orquestra Alaska puxeron o broche final ás festas patronais de Ordes. O grupo folk coruñés congregou a un bo número de persoas desexosas de escoitar en vivo a esta formación, que este ano conmemora o seu 30 aniversario. Ninguén tivo reparo en acompañar á banda nos retrousos de sobra coñecidos por todas e por todos, xa foran provintes do seu propio repertorio ou ben de temas tan populares como Camariñas.