spacer
Humor e acrobacias para despedir Unha viaxe pola cultura

O espectáculo Pistactiva baseado en números circenses e espectaculares acrobacias puxo o broche final a tarde de onte ao programa Unha viaxe pola cultura. Grazas a esta iniciativa desenvolvida polo Concello as tardes dos últimos días encheron a alameda de Ordes de maxia, teatro, monicreques, música, obradoiros de ciencia etc. Incluso houbo unha sesión pensada especialmente para os bebés na que os instrumentos de música tradicionais foron unha peza fundamental. Unha viaxe pola cultura permitiu neste tempo o desfrute tanto dos pequenos e pequenas como dos seus pais e nais.

Humor e acrobacias para despedir Unha viaxe pola cultura