Esta tarde tivo lugar en Ordes a charla sobre cooperativismo téxtil organizada pola Mancomunidade de Ordes. Trátase da segunda actividade deste tipo que se leva a cabo na capital da comarca e nela participaron persoas interesadas en constituírse baixo a fórmula cooperativista. O mercado do téxtil e as ameazas a nivel nacional, autonómico e local; moda infantil e de mallores; os tecidos innovadores e os chamados intelixentes ou a roupa de segunda man como oportunidade de negocio foron algúns dos puntos a tratar por parte dun experto neste eido. 

A cita foi organizada pola Oficina de Cooperativismo da Mancomunidade de Ordes conxuntamente con Eusumo, cooperativismo e economía social e a Xunta de Galicia. 
 

Nova charla en Ordes sobre cooperativismo téxtil