spacer
Diversión e monicreques nas tardes de Ordes

Numerosos nenos e nenas de Ordes acudiron ao espectáculo de monicreques que tivo lugar na alameda na tarde de onte. Unha nova cita co programa Unha viaxe pola cultura, coa que desfrutaron non só os máis novos e novas senón tamén o público adulto que alí se congregou. 
Para hoxe está previsto o espectáculo de clown O pallaso Piter presenta…. a partir das 20 horas.