Durante todo o día de hoxe SEKONE,  artista multidisciplinar, impartiu unha master class dirixida a persoas relacionadas coa creación artística. Trátase dunha das iniciativas englobadas dentro da décima edición do Festival Internacional de Arte na Rúa DesOrdes Creativas, que ata o 13 de agosto se está a celebrar na vila de Ordes. Todas e todos os participantes tiveron a oportunidade de adquirir coñecementos teóricos e técnicas sobre o realismo no graffiti. Con este fin o parque da Constitución encheuse de paneis de madeira sobre os que os artistas puideron plasmar, baixo a atenta mirada de SEKONE, todo o aprendido.

Master class de SEKONE en pleno corazón de Ordes