A Mancomunidade de Ordes convoca a todas as persoas interesadas a asistir á charla sobre cooperativismo téxtil que terá lugar o vindeiro mércores, 9 de agosto, ás 18 horas nos baixos da alameda. O principal obxectivo é o de poder asesorar e apoiar a aquelas persoas que vexan na constitución dunha cooperativa unha posible saída laboral.

     Continúase así coa primeira convocatoria, celebrada no mes de xullo. Daquela abordáranse os seguintes contidos, os cales serán ampliados nesta segunda cita: O mercado do téxtil e as ameazas a nivel nacional, autonómico e local; moda infantil e de mallores; os tecidos innovadores e os chamados intelixentes ou a roupa de segunda man como oportunidade de negocio. 

     A cita está organizada pola Oficina de Cooperativismo da Mancomunidade de Ordes conxuntamente con Eusumo, cooperativismo e economía social e a Xunta de Galicia. 
 

Este mércores nova charla sobre cooperativismo téxtil