O festival de arte na rúa pioneiro en Galicia cumpre este ano a súa primeira década de vida e terá lugar do 7 ao 13 de agosto. Simultaneamente o día 12 no parque da Constitución terá lugar a sexta edición do festival musical 

Do 7 ao 13 de agosto Ordes volverá a ser o máximo punto de interese no que se refire a arte urbana, grazas á décima edición do festival internacional DesOrdes Creativas. 
Unha vez máis as fachadas dos edificios e outros espazos públicos servirán de lienzos para a realización dos murais que pasarán a formar parte da paixase da vila. Deste xeito o festival pioneiro deste tipo de todos os que se suceden polo territorio galego cumpre a súa primeira década. Nesta ocasión contarase coa participación dos seguintes artistas: Spy, Javier Abarca (Madrid), Erica il Cane (Italia), Xoana Almar, Sekone (Galicia), Carlos Goma, Nömada (Almería), Bastardilla (Colombia), Saturno (Cataluña). Ademais das súas obras o cartel inclúe outro tipo de actividades como obradoiros, master class, exhibicións, seminarios e roteiros polos distintos murais, máis de 50 en total, dos que figuran no rueiro ordense. 
Museo aberto
Dende que comenzara a súa andaina no ano 2007 polo DesOrdes Creativas, idea orixinal do colectivo Creativo Mutante, levan pasado preto de medio cento de artistas de distintos lugares do mundo, nalgúns casos auténticas figuras dotados con prestixiosos premios a nivel internacional. O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana e diálogo social, que convirte vellos espazos en desuso ou abandoados en novos lugares cheos de vida e cor para o desfrute colectivo. O fin último e transformar o lugar nun grande museo público e gratuíto a ceo aberto. 
Festival musical
Por outra banda o 12 de agosto terá lugar a sexta edición do festival musical DesOrdes Sonoras. Unha cita que este ano aúna nunha mesma xornada a actuación dos seguintes grupos: Los Bengala, Igmig, Xenderal, Santiuve Da Xoo Bros e Bigote Mix. 
     O escenario escollido para que todas as persoas que queiran poidan asistir de balde a partir das 22 horas será o parque da Constitución. Ademais tamén haberá unha sesión vermú no mesmo lugar a partir das 13 horas, na que actuará Sabela King & The Heartbreakers e na que se fará unha exhibición de pintura en directo.
     Ambos festivais están organizados polo Concello de Ordes e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
 

Os DesOrdes Creativas e Sonoras regresan á vila de Ordes