Organizada pola Mancomunidade de Ordes, terá lugar ás 18 horas nos baixos da alameda e está dirixida a todas as persoas interesadas e a institucións 

Mañá xoves, 20 de xullo, ás 18 horas, terá lugar nos baixos da alameda de Ordes unha charla sectorial informativa sobre o cooperativismo no sector téxtil. Esta vai dirixida a todas as persoas interesadas, desempregadas, emprendedoras, así como a institucións públicas ou privadas. En calquera caso a asistencia será de balde. As inscricións previas poderanse facer telefonicamente no 981680002, ou ben a través do correo electrónico ofc@mancomunidadeordes.gal. 
A dita charla pretende dar resposta a moitas das cuestións a profesionais do sector afectados polos despedimentos e reestruturación acontecidas ao longo da comarca, e especialmente na vila de Ordes. Entre os obxectivos a cumprir están os de ofrecer unha saída laboral a aqueles e aquelas que queiran constituírse baixo o réxime  cooperativista. Este encontro está organizado pola Mancomunidade de Ordes; Eusumo, cooperativismo e economía social e a Xunta de Galicia.
 

Ordes acolle mañá unha charla sobre cooperativismo téxtil