O curso de ESO para persoas adultas organizado pola área de Educación do Concello de Ordes chegou ao seu remate. Nesta ocasión foron algo máis de 20 os alumnos e alumnas que ao longo dos últimos meses asistiron ás clases, co firme propósito de acadar a súa titulación. Os resultados son altamente satisfactorios, rexistrándose un 80% de aprobados na área científico-tecnolóxica e dun 78% nas de lingüística e sociais. Na tarde de onte Susana García, edil de Educación municipal, foi a encargada de entregarlles os seus diplomas e certificados, animándoos “a seguir preparándose para ter máis posibilidades dentro do mercado laboral”. 

Alto índice de aprobados no curso de ESO para persoas adultas