Participarán sete formacións procedentes das provincias da Coruña e Pontevedra, ademais de Asturias. Tamén haberá unha comida campestre.

O próximo domingo, 16 de xullo, o campo da festa da parroquia de Leira volverá ser escenario para o Encontro de Grupos de Danzas Rexionais. Unha cita organizada polo Grupo de Danzas Asociación Cultural Veciños de Leira en colaboración co Concello de Ordes e a Deputación da Coruña, que este ano celebra a súa 25 edición. O programa arrancará ao mediodía cunha comida campestre para dar paso a partir das 18 horas ao festival. 
     Ademais dos anfitrións polo escenario pasarán os seguintes grupos: A.C. Os Penediños (O Porriño, Pontevedra), A.F. Recordos da Nosa Terra (Bueu, Pontevedra), Airiños do Frade (Cabanas, Ferrol), Escola de danza tradicional Asociación Xuvenil Arume (Carballo, A Coruña), Asociación de baile e música tradicional La Xorda (Podada de Llanera, Asturias) e Pinga de Troula (Galegos, A Coruña).
     Unha vez rematadas as actuacións, arredor das 20 horas, a organización invitará aos integrantes dos grupos e aos seus acompañantes a unha merenda con bebidas e petiscos.

Leira acollerá este domingo o XXV Encontro de Grupos  de Danzas Rexionais

     Unha vez rematadas as actuacións, arredor das 20 horas, a organización invitará aos integrantes dos grupos e aos seus acompañantes a unha merenda con bebidas e petiscos.