spacer
Xosé Iglesias Lamela presenta en Ordes o seu poemario  A relixión do mar 

Esta tarde tivo lugar no Museo do Traxe, en Ordes, a presentación do libro A relixión do mar. Trátase dun dos poemarios máis destacados do panorama literario galego actual, avalado polo premio obtido no IX Certame de Poesía Victoriano Taibo. 
No acto estivo presente o seu autor, Xosé Iglesias Lamela. Mariñeiro de profesión ademais de escritor, Iglesias Lamela compartiu co público presente anécdotas das súas viaxes marítimas arredor do mundo. Tamén abondaron os videorelatos baseados nas súa obra. Acompañándoo estivo tamén outro escritor ben coñecido na localidade, o ordense Xacobo Ríos. Para a dita presentación cóntase coa colaboración da librería Arume, así como coa do Museo do Traxe Juanjo Liñares. 

Xosé Iglesias Lamela presenta en Ordes o seu poemario  A relixión do mar