No día de hoxe estase a levar a cabo a aplicación de aglomerado na pista que transcorre pola ponte do Melante, na parroquia de Vilamaior. Por este motivo a vía permanecerá pechada a condutores e peóns ata as 21 horas, polo que o tráfico se está a desviar polo cruzamento do Casal-Porpalla-Peñasco. Esta intervención, executada por parte da Consellería de Medio Rural, vén complementar o traballo de reconstrución desta ponte, o cal finalizou o pasado mes de febreiro.

Novo asfaltado na ponte do Melante