Segundo resolución de 16 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se determinan municipios e período de aplicación do procedemento de regularización catastrai, resolveuse a aplicación ao Municipio de Ordes. 

De conformidade co disposto na disposición adicional terceira do Texto refundido da Lei do Catastro inmobiliario, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo (BOE número 58, de 8 de marzo) e no artigo 4.1 do Real Decreto 256/2012, de 27 de xaneiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (BOE número 24, de 28 de xaneiro), a Dirección Xeral do Catastro resolveu a aplicación do procedemento de regularización catastral desde o día seguinte á publicación da resolución de data 16/02/2016 no Boletín Oficial do Estado (22/02/2016), e ata o 30 de xullo de 2017. 

Co obxectivo de aclarar calquera cuestión relacionada co PROCEDEMENTO DE REGULARIZACIÕN CATASTRAL DOS BENS INMOBLES URBANOS e os BENS INMOBLES RÚSTICOS CON CONSTRUCIÓN no municipio de ORDES, a empresa EIBISA NORTE, S.L., ofrecerá un servizo de asistencia técnica aos veciños acerca deste proceso. 

Os propietarios de inmobles notificados, poderán acudir a:

  • Locais do Concello de Ordes, desde o 19 ao 30 de xuño de 2017 (luns a venres). 
  • Horario: 9:00 a 14:00 horas.
  • Lugar: baixos da Alameda, Ordes. 
BANDO SOBRE O PROCEDEMENTO DE REGULARIZACION CATASTRAL