spacer
Monicreques e música na alameda para pechar o programa do Día das Letras Galegas

Os nenos e nenas de Ordes xuntáronse unha vez máis na alameda de Ordes co fin de divertirse e botar máis dun canto co espectáculo Contando, cantando. Esta fin de semana, e da man de Garabato de Xogos, durante unha hora os monicreques e a música foron o principal tanto para os máis novos e novas como para as persoas adultas que se achegaron. A dita iniciativa formaba parte do programa de actividades organizadas polo Concello de Ordes para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano estivo dedicado ao escritor Carlos Casares. Cabe lembrar que a día de hoxe aínda se pode visitar na biblioteca municipal unha ampla mostra de libros, obras e estudos do dito autor. Tamén se pode facer un repaso pola súa vida e traxectoria literaria a través das láminas instaladas, todo isto en colaboración coa Xunta de Galicia. 

Monicreques e música na alameda para pechar o programa do Día das Letras Galegas