spacer
FEADER. Tratamento preventivo na rede de camiños da zona de concentración parcelaria de ARDEMIL.

O Concello de Ordes iniciou os traballos de tratamentos preventivos de xeito mecanizado de 34,4 Ha nas marxes das vías e camiños forestais de titularidade municipal, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ordes para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais (anualidade 2017), cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
O importe da axuda ascende a 3.252,50 €.
A actuación comprende a rede de camiños da zona de concentración parcelaria de ARDEMIL.