O orzamento supera os 200.000 € e as proposicións poderanse presentar ata mediados do vindeiro mes de maio
A Deputación da Coruña acaba de facer pública a licitación da modificación do proxecto da senda peonil que transcorre dende O Mesón do Vento ao termo municipal de Cerceda da DP 2405. O investimento total aproxímase aos 202.000 € cos impostos incluídos. 
     O principal obxectivo desta medida pasa pola construción dunha senda peonil na zona dereita da vía existente e coa que se mellorará a seguridade vial e a eliminación das barreiras arquitectónicas. O seu ancho será variable tendo un mínimo de 0,90 e un máximo de  2 metros. Tamén se executará unha cuneta formigonada que facilitará a drenaxe da superficie da plataforma. 
     As proposicións para optar á realización desta obra poderanse presentar ata o día 15 do vindeiro mes de maio no Rexistro Xeral da Coruña (Avenida Porto da Coruña nº2 15003, A Coruña.Teléfono 981 08 03 14.Fax 981 08 03 07. Correo electrónico: contratacion@dicoruna.es).

Para máis información pódese consultar o perfil do contratante na páxina web da Deputación da Coruña (CONSULTAR)