A atleta ordense Ánxeles Rodríguez alzouse coa medalla de ouro en lanzamento de xavelina no XXI Campeonato Mundial de Atletismo para Veteranos (WMAC 2017), que se celebra na ciudade de Daegu (Corea do sur) e no que participan máis de 10.000 atletas de 90 paises. Os 20,15 metros acadados por Ánxeles Rodríguez colocárona no primeiro posto do podio, seguida da australiana Ellena  Cubban e da estadounidense Katrina Geurkink. O éxito desta deportista fai engrosar o número de medallas da delegación española, cun total de 12 metais (8 ouros, 3 pratas e 1 bronce) situándose en segunda posición no ranking por detrás de Australia cun total de 15 medallas.
     Con este novo logro Ánxeles Rodríguez fai medrar un palmarés pódense citar: Ouro no Campionato Nacional de Xavelina (2016); prata no XI European Athletics Championships Indoor (2016); ouro en lanzamento de peso e bronce en salto de altura e 400 metros lisos no Campionato Nacional de Atletismo Veteranos de pista cuberta (2016); ouro no Campionato Galego de Atletismo de pista cuberta (2016); ouro obtido no Campionato de España de Veteráns de combinadas (2014) etc. 
     O Concello de Ordes felicita publicamente “á que está considerada como un dos máximos referentes deportivos de toda a comarca, e cuxa superación persoal e deportiva é un exemplo a seguir por todos e todas nós, demostrando que a práctica do deporte non ten límite”, segundo palabras da concelleira de Deportes Ana Soneira. A edil tamén destaca  “a importancia que o labor de Ánxeles Rodríguez ten no conxunto da sociedade ordense, xa que ela mellor ca ninguén pon de manifesto que a constancia e o esforzo son ferramentas útiles para facer medrar e mellorar ás persoas”.
 

A atleta ordense Ánxeles Rodríguez obtén a medalla de ouro no Campionato Mundial de Atletismo para Veteranos