O Concello de Ordes inviste 122.000 € para a construción de novas beirarrúas na avenida Alfonso Senra
En total reporanse 413 metros en ambas marxes. Estímase que as obras estén rematadas a finais do vindeiro mes de abril
Nesta semana deron comezo ás obras de humanización da avenida Alfonso Senra. En total construiranse 413 metros de beirarrúas (287 pola marxe dereita partindo do cruce da rúa Lagartos e outros 187 pola marxe esquerda na intersección coa rúa Mediodía). O custo total ascende a 122.000 €, que serán sufragados con fondos propios municipais obtidos do remanente rexistrado tras o último balance.
As novas beirarrúas irán dotadas con bordo de granito e baldosas de formigón vibrado, para o que se procederá coa demolición previa do pavimento existente, o cal presenta notables deficiencias. No proxecto contémplase tamén a execución dunha ducia de arquetas con sumidoiro e a instalación de 14 puntos de luz con columnas de 9 metros de altura. Finalmente procederase coa reposición do pavimento afectado pola execución das obras, así como co repintado de liñas en bordes, eixos, aparcamentos, pasos de peóns etc, ademais da instalación da sinalización horizontal. Estímase que a finais do vindeiro mes de abril a obra está concluída.