A unidade móbil de inspección técnica prestará servizo no Campo da Feira do Mesón do Vento, co fin de facilitar a inspección técnica de ciclomotores. 
O lugar e a data da inspección son os seguintes: 

  • Campo da Feira do Mesón do Vento (Nave de Gando)
  • 24 de marzo
  • de 9:00 a 13:30 

A cita previa poderá concertarse: 

  1. Por teléfono: 902 309 000
  2. A través da páxina web: www.sycitv.com — Cita previa 

Nota: a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias. 

AVISO INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES