spacer
Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura co novo 4G

•    As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en ORDES  servizos 4G na banda de 800MHz
•    A nova tecnoloxía permitirá aos ordenses desfrutar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica
•    Llega800 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade deste servizo 4G coa TDT na banda de 800MHz

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, comezarán a ofrecer en ORDES  servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos ordenses desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.  
Coa chegada do novo 4G a ORDES  continua o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional desde o pasado mes de xullo e que culminará en marzo de 2018, data prevista para o desenvolvemento total da tecnoloxía. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar o seguinte enlace: https://www.llega800.es/listado-de-municipios-activos/ 

O desenvolvemento  do 4G enmárcase no establecido no Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, do día 1 de abril de 2015, no que se procedeu á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canles 61 ao 69 de UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, as ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura 
Coa rede 4G abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.  

"Esta rede avanzada de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira vantaxe consiste en que soluciona moitos problemas relacionados con orografías complicadas onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A súa outra vantaxe destacable é a gran penetración en zonas interiores dos edificios" explica Daniel Espín, voceiro de Llega800.  

A nova xeración da tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o  servizo de forma eficiente. 
Para garantir a compatibilidade  
Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800 MHz e a recepción do servizo de TDT. 
Para garantir esta compatibilidade, Llega800 presta á cidadanía unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por un lado, unha actuación previa, grazas á cal os cidadáns e cidadás que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que os informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias. 
E, polo outro, un procedemento correctivo, tras o acendido das estacións, polo que Llega800 se encargará de atender aos usuarios e usuarias afectadas xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen ningún custo. 
Para xestionar estes servizos, púxose á disposición da cidadanía un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web (www.llega800.es).

Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura co novo 4G