O novo ciclo de narracións infantís presenta importantes novidades, como o    de facerse en galego e inglés e o de ter un número máximo de 15 persoas asistentes que deberán inscribirse previamente. Están dirixidas a menores de 4 a 8 anos que deberán acceder sós á sala onde teña lugar a actividade

A biblioteca de Ordes inicia o vindeiro venres, 27 de xaneiro, a nova tempada das súas Tardes de Contos e Lendas co relato Wher's Spot? A partir deste ano deberanse ter en conta unha serie de novidades con respecto ás edicións anteriores, como que as sesións serán ofrecidas tanto en galego como en inglés. 

     As sesións manterán o seu horario habitual, 18.30 horas, aínda que agora estarán dirixidas unicamente a nenos e nenas de 4 a 8 anos e que deberán acceder sós ás salas onde se desenvolva a actividade. Ademais será imprescindible inscribirse previamente dende o vindeiro luns ata o venres 27, ben na mesma biblioteca ou chamando por teléfono (981681992) en horario de mañá (de 8.30 a 14.30 horas). O número máximo de  asistentes permitido é de 15 menores, polo que se aconsella apuntarse o antes posible.
 

Tardes de contos e lendas bilingües na biblioteca de Ordes