Con motivo da renovación da rede semafórica da rúa Alfonso Senra recoméndase que dende hoxe luns, 16 de xaneiro, e durante un periodo de 15 días se evite circular na medida do posible pola dita vía. Para evitar retencións a Policía Local de Ordes aconsella como trazado alternativo a Rolda Leste, á cal se pode acceder dende a rotonda do polígono industrial de Merelle e dende o Paseo lván Raña (N-550). 
 

Desvío do tráfico rodado en Alfonso Senra  por cambio de semáforos