A Banda de Música de Ordes volveu a gozar dunha ampla acollida por parte do seu público. Nesta ocasión a cita desenvolveuse no auditorio da Casa da Cultura ordense, onde ofreceron o seu primeiro concerto do ano. Con todas as localidades cubertas os integrantes do conxunto compartiron escenario cos Reiceiros da Pontecarreira, os primeiros para os que se abriu o telón e que arrancaron con temas tradicionais, acompasados con cunchas, gaitas e pandeiretas. Debido a problemas de saúde dun dos participantes pospúsoxe ata nova data a parte teatral musicalizada que estaba prevista, e que presentaba unha das maiores novidades deste concerto. Entre os asistentes non faltaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado dos edís de Cultura, Comercio e Medio Ambiente.
Organizado pola Asociación Amigos da Música de Ordes, a cita contou coa colaboración do Concello de Ordes e coa da Deputación da Coruña

Cantos de Reis e concerto da Banda de Ordes  para a tarde do primeiro sábado do ano