O Concello de Ordes convoca ao seu medio de comunicación para asistir este vindeiro venres, 2 de decembro, ao acto que celebrará sobre Isabel Zendal. Nel estrearase o documental Isabel Zendal, La enfermera que cambió el rumbo del mundo. Un traballo realizado por Enfermería TV e polo Sindicato de Enfermería, SATSE.

Ademais da dita proxección tamén intervirán no acto Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes; Pilar Farjas, presidenta da asociación Isabel Zendal; Carmen García Rivas, secretaria autonómica do Sindicato de Enfermería, SATSE (Galicia); Yolanda Núñez, directora da revista Enfermería en Desarrollo; e Antonio López Mariño, xornalista e investigador
LUGAR: Casa da Cultura de Ordes (Rúa Galicia, 25. Ordes. A Coruña, 15680)
DATA: Venres, 2 de decembro de 2016
HORA: 11.30 horas

ACTO ESTREA DOCUMENTAL  'ISABEL ZENDAL, LA ENFERMERA QUE CAMBIO EL RUMBO DEL MUNDO'