Un abarrotado auditorio da Casa da Cultura desfrutou esta fin de semana da Gala da Irmandade. Un variado e completo espectáculo no que se mestura música, teatro, maxia, danza, canto etc. Os sons e bailes tradicionais da asociación Camiño Real de Poulo foron os encargados de abrir a cita, en cuxo cartel figuraron tamén Luís Iglesia e Xabier Deive, a banda de Alonso Caxade, o Mago Teto,  Ánxela Blanco e Mónica de Nut, Maquinaria Pesada e Os Quinquilláns.
Entre as persoas asistentes estiveron os concelleiros de Cultura e Benestar Social, José Manuel Mira e Susana García, ademais da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. A Gala da Irmandade englóbase dentro do programa DAC Outono Cultural, organizado pola Deputación da Coruña.

A Gala da Irmandade enche o auditorio de Ordes