spacer
Ordes Actúa

Traballando xuntos por un futuro medioambiental mellor.

A través do FEDER e dos fondos estruturais da Unión Europea que xestiona a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, estase a promover desde as Administracións o crecemento sustentable dos municipios e, con este fin, apóiase a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental buscando a integración e a adaptación ao cambio climático na xestión pública. 
No marco deste compromiso, desde o Concello de Ordes estamos a traballar na elaboración, deseño e execución de proxectos e plans na procura dun municipio sustentable, sostible e respectuoso co medio ambiente, que avance na mitigación do cambio climático e que reduza as emisións GEI. 
As nosas principais liñas de actuación son:

  • Neutralizar as consecuencias do Cambio Climático a través de actuacións enfocadas á prevención.
  • Mellorar a Eficiencia Enerxética nas edificacións, nas infraestruturas e nos servizos públicos.
  • Aumentar o uso das Enerxías Renovables nas edificacións e estruturas públicas.
  • Fomentar a Mobilidade Urbana Sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana-rural.

Conscientes da importancia deste reto e da necesidade de contar coa implicación da cidadanía para configurar e construír entre todos o territorio sustentable que queremos, o Goberno local activou varias canles para recibir opinións e suxestións:

  • Foro de Participación Cidadá, que se desenvolverá o mércores 19 de outubro ás 20.00 horas no Salón de Plenos (Baixos da Alameda).
  • Buzón de suxerencias (ordes.participa@ordes.gal), onde se poderán enviar achegas sobre as melloras que se poderían facer nestes ámbitos e que beneficien ao concello. O prazo para o envío de propostas pecharase o día 26 de outubro.
  • Cuestionario, que estará colgado na web do Concello, para que a cidadanía valore as prioridades de mellora que se identificaron para Ordes.

ANÍMATE E PARTICIPA NO NOSO ORDES DO FUTURO
Proxecto cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ordes Actúa

CUESTIONARIO DE PARTICIPACIÓN