En total destinaranse 18.000 euros a alumnado de infantil, primaria e secundaria obrigatoria escolarizado nos centros educativos do termo municipal

O BOP de hoxe, venres 23 de setembro de 2016, fai públicas as bases reguladoras da convocatoria de axudas para material escolar outorgadas polo Concello de Ordes. En total destínanse 18.000 euros para as familias máis necesitadas  que estean empadroadas e residan no municipio. Tamén é requisito indispensable para poder beneficiarse que o alumnado estea escolarizado no municipio nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos sitos no concello.

     As solicitudes deberán entregarse no Departamento de Educación, situado no primeiro andar do edificio consistorial, ata o vindeiro 21 de outubro como data límite. 

     Para calquera consulta pódese chamar ao  981680002 (ext. 4).