Máis de 200 novos títulos literarios para todo tipo de público forman xa parte do fondo da biblioteca municipal de Ordes. Novidades que xa se poden contemplar na mostra 'O outono chega á biblioteca', e que abrangue obras de todos os xéneros literarios, sobre todo narrativa, poesía e contos infantís con amplos recursos educativos e valores didácticos. Entre todos eles destácanse os títulos 'Lobishome' e 'Do Re Mi fantasía', da editorial Bolanda, con ilustracións da debuxante local Olaya Naveira.
 

Aberta a mostra 'O outono chega á biblioteca', con lugar destacado para a ilustradora local Olaya Naveira